Unha proposta escénica de Xerpo Cultural que fala da substancia interior do ser humano, a través da linguaxe poética e dunha dramaturxia das posibilidades ofrece á espectadora un lugar para a reflexión e para acción.
Por que a sociedade non é quen de detectar o talento? Ao mellor é porque non está conectada ca súa identidade. A identidade foise diluíndo en feitos maquinais como traballo, consumo, supervivencia… teremos que voltar militar no pensamento da acción e resisitir dende as vísceras, ou ao mellor temos que pensar outros mecanismos para non sentirnos fóra, na periferia perante un futuro sulagado.
Álex Sobrino e Olga Cameselle son a carne desta casquería no escenario, Montse Piñeiro asina a plástica do proxecto dende o espazo escénico, a iluminación o vestiario e os visuais, Natalia Cancela o Espazo Sonoro, Jose Vaquero a axudantía de Dirección e Irene Moreira, volve dirixir e escribir este manifesto de reistencia e amor ao teatro.
Rúa Pérez Leirós, 3
@xerpo
vcard